Axudas para Aforro e Eficiencia Enerxética Ano 2020

Informamos da publicación polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da convocatoria de axudas, a empresas do sector industrial e de servizos, para realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética (procedemento IN417Y).
 
Beneficiarios:
a)   As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou na industria (…).
b)   As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e cando o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos cales se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no punto anterior.
 
Conceptos subvencionables:
a)   Auditorías enerxéticas.
b)  Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.
c)  Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e servizos.
 
Actuacións subvencionables:
a)   Substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e servizos, así como dos sistemas auxiliares.
b)   Mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do consumo do 40% con respecto ao consumo inicial.
c)  Proxectos de coxeración e biogás  que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresas.
d)  Calquera outra actuación que implique un aforro enerxético como mínimo do 20% respecto do consumo inicial.
e)   Implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.
Observacións:

  • O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.
  • Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
  • Considéranse custos subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha.

Contía das axudas:
A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase:

  1. Axudas concedidas a pequenas empresas:  incremento do 15%.
  2. Axudas concedidas a medianas empresas:  incremento do 10%.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 100.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 1.000.000 de euros naquelas actuacións que xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia. É dicir, o prazo rematará o 20.02.2020.

Para acceder a toda a información, prema sobre os seguintes enlaces:
BASES REGULADORAS:
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

EXTRACTO E CONVOCATORIA:
EXTRACTO da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

Deja un comentario